Sie sind auf Seite 1von 18

Grupo Municipal Socialista

En Vilalba, a 18 de marzo de 2013

De acordo e ao abeiro do previsto no Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba desexa someter consideracin do Pleno Municipal a seguinte MOCIN en base seguinte: EXPOSICIN DE MOTIVOS O 8 de marzo do ano pasado denunciamos a recn aprobada Reforma Laboral do PP, e usabamos o tempo futuro no noso Manifesto para anunciar o recorte en dereitos que supoera para as mulleres. Este ano 2013 constatamos enormes retrocesos. A dereita intenta instalar a idea de que a crise econmica responsable de todo, que non o Goberno do PP o causante dos recortes senn a herdanza recibida. Pero, non nos deixemos enganar: non crise todo o que reloce. A igualdade foi avanzando en Espaa durante os anos de Democracia. Este avance traduciuse nunha vida mellor para as mulleres deste pas, as como en mis dereitos para elas e para o conxunto da sociedade. Isto foi posible grazas ao labor dos Gobernos Socialistas, pero sobre todo grazas propia sociedade que se modernizou -grazas s organizacins, s feministas, esquerda poltica e, sobre todo, s mulleres-. Desta forma, as mulleres ocuparon espazos no emprego, na poltica, e na sociedade, e achegaronse, en todos os indicadores de participacin e calidade de vida, aos homes, rompendo con iso progresivamente a desigualdade. Non obstante, a igualdade non era de todo efectiva, anda existan e anda existen desequilibrios. Necesitabamos tempo para seguir

avanzando, pero sobre todo para consolidar o conseguido. Un tempo fundamental como comprobamos nestes ltimos catorce meses. Porque este ltimo ano, no que o Partido Popular asumiu o Goberno, asistimos a uns dos maiores despropsitos da historia da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O emprego, a premisa que permite a autonoma das persoas, a nosa principal preocupacin. No inicio da crise creceu o desemprego masculino - como efecto da destrucin de emprego nalgns sectores de actividade - non obstante, no momento actual, o desemprego feminino crece espectacularmente como efecto directo das polticas que o Goberno do PP est a aplicar, tal e como comprobamos nos ltimos datos da EPA. Esta destrucin de emprego o resultado directo da Reforma Laboral, unha regulacin que ademais fai imposible o dereito conciliacin da vida familiar e laboral. E tamn o resultado do desmantelamento progresivo do Estado do Benestar e os servizos de atencin s persoas, as como o debilitamento de estruturas de apoio s mulleres tan importantes como a rede de CIMs. A Reforma Laboral do PP expulsa aos sectores mis vulnerables do emprego, e a estn as mulleres. Ademais deixa sen dereitos s mulleres traballadoras, a todas en xeral e especificamente s que teen traballo a tempo parcial, traballo temporal, ou a aquelas que teen responsabilidades familiares. O desmantelamento do Estado do Benestar e a poltica de austeridade do goberno eliminan servizos pblicos esenciais, onde traballan moitas mulleres, tanto na Administracin Pblica coma nas empresas prestadoras. As, a reducin dos dereitos relacionados coa educacin, coa sade, coa atencin dependencia, cos programas e actuacins dirixidos a mellorar a calidade de vida, o que fai que as mulleres queden en desemprego e ademais que tean mis dificultades para a conciliacin. Esta lista de recortes en dereitos das mulleres amplase co anuncio do Goberno do Estado de cambiar a Lei de Sade Sexual e Reprodutiva e da Interrupcin Voluntaria do Embarazo, cun obxectivo, eliminar o dereito a decidir das mulleres. O camio est marcado co nomeamento dun novo Comit de Biotica de claro nesgo

ultraconservador, no que a maiora dos seus membros se declarou abertamente en contra da decisin das mulleres. E anda mis, a lei de taxas xudiciais provoca unha desigualdade no acceso xustiza, que deixar a moitas mulleres sen a posibilidade de acudir a ela mesmo naquelas ocasins que pretendan escapar dunha situacin de violencia de xnero. A todo isto debemos sumar a reducin de presupostos e servizos dirixidos a combater a violencia contra as mulleres, tanto no Goberno do Estado como no Goberno da Xunta de Galicia. Estas accins, e estes recortes, estn cargados de ideoloxa. Cando se publicaron no BOE e DOGA non estaban ss, estaban acompaados de mltiples mensaxes que vian tamn das mesmas filas conservadoras; mensaxes que relacionan a autenticidade de ser muller coa maternidade, a defensa da educacin segregada de nenos e nenas, a eliminacin da educacin para a cidadana. Mensaxes que pretenden situar s mulleres de novo nas tarefas de coidado, a crianza e a dependencia. Todo o acontecido nos catro anos de Goberno de Feijo como no ltimo ano no Goberno de Rajoy nos leva a un mesmo lugar, bastante familiar, os nosos propios fogares. Porque, en definitiva o que est a promover o Partido Popular: a volta ao fogar das mulleres. Dende o Partido Socialista non obstante seguimos traballando pola igualdade e a emancipacin das mulleres. Porque cremos que a igualdade entre mulleres e homes un piar da nosa democracia, e porque temos o firme compromiso cun modelo social que garante a xustiza e a equidade. Sen dbida, o cambio que necesitamos para sar desta crise, que econmica, pero tamn poltica e social, pasa por contar con todos e con todas, homes e mulleres, sen desperdiciar capacidades, facendo que a igualdade sexa o centro do cambio. Ante esta grave situacin de desigualdade das mulleres no noso pas e co compromiso de facer da igualdade un principio reitor de todas as os seguintes nosas polticas, o Grupo Municipal Socialista plantexa, para a sa aprobacin, ao Pleno do Concello de Vilalba

ACORDOS 1- Instar a Xunta de Galicia: - Ao desenvolvemento dun Plan de Emprego para as mulleres de Galicia, que incla polticas activas especficas, a promocin do autoemprego e o desenvolvemento dun Plan de Igualdade das mulleres no emprego, dirixido a promover a igualdade e a eliminar a desigualdade salarial. - promocin de polticas que permitan a corresponsabilidade na vida laboral e familiar de homes e mulleres, e o cumprimento da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do Traballo en Igualdade das mulleres de Galicia. 2- O Concello de Vilalba, para plasmar a sa total adhesin ao principio de igualdade entre homes e mulleres, COMPROMTESE a: - En tdolos documentos que emita, de forma especial nas ofertas de emprego, a utilizar unha linguaxe inclusiva e demostrativa de ir dirixidos a MULLERES e HOMES, evitando termos masculinos que, anda que non o sexan, semellan ser excluntes para as mulleres como, por exemplo: precsanse operarios..., cando debera ser: precsanse mulleres e homes para desempear a labor... - Nas contratacins de obras ou de prestacins de servicios se prime s empresas que, dentro do marco legal vixente, promocionen de forma activa a participacin da muller no eido laboral. O Voceiro do Grupo Municipal Socialista. Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICPAL DE VILALBA

Grupo Municipal Socialista


Vilalba, 18 de marzo de 2013 O Grupo Municipal Socialista do concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, presenta, diante do Pleno da Corporacin esta MOCIN, en base s seguinte EXPOSICIN DE MOTIVOS Nistos ltimos meses, o Goberno Central, est a propiciar a reforma da Lei de Bases de Rxime Local. Dita reforma, de seguir adiante tal e como est prevista polo goberno de Rajoy, constite sen lugar a dbidas un ataque directo ao municipalismo, que en quen reside e debe residir o poder local, por ser a administracin mis prxima aos cidadns. A citada proposta de reforma xustifcase en aras sostenibilidade econmica, cando radicalmente falso que os Concellos sexan os culpables do dficit Pblico, e moi especialmente os concellos de menos de 20.000 habitantes. O citado proxecto de reforma, alude aos beneficios da economa de escala e, consecuentemente, traslada a responsabilidade ltima da prestacin de servizos s Deputacins, cando o certo que nos Concellos todos somos conscientes de que imposible que as Deputacins poidan prestar os servizos coa calidade coa que os prestan os concellos galegos en xeral. Ademais, o problema para determinar a calidade dos servizos que prestamos os concellos est baseado nunha cuestin na que non entra o argumentario no que a sustenta o Goberno Central: O finanzamento e a distribucin das competencias. Este o verdadeiro cabalo de batalla sobre o que hai que incidir. Non se trata de quitar ou poer unha determinada competencia. Tratase de estudar canto custa o seu financiamento e quen debe asumila.

Grupo Municipal Socialista


imprescindible ter en conta a casustica galega de distribucin e dispersin poboacional nos Concellos e, sobre todo a cantidade de ncleos de poboacin que ten cada Concello en Galicia, caso especial o concello de Vilalba. Estas peculiaridades fan aos concellos galegos completamente diferentes aos do resto do Estado, nos que a perda de servizos e de concelleiros faran que os vecios botaran en falta o nico vnculo que teen para reclamar solucins aos seus problemas sen que afecte ao aforro pretendido, xa que eses concelleiros que se pretende que desaparezan non cobran ou, no caso de cobrar, trtase de cantidades ridculas por asistencia a plenos que se celebran, como no noso caso, cada dous meses. Para mis certeza de que este argumento non ten ningunha lxica, no propio documento de Reforma da Lei de Bases de Rxime Local, na Disposicin Adicional 9, especificase que o nmero de asesores non poder superar ao nmero de concelleiros. A conclusin que se pretende eliminar a concelleiros que xeralmente non cobran, e se permite manter un grupo de asesores que si cobraran, polo que a argumentacin de aforro econmico remata sendo falaz. En resumo, estamos a falar dun proxecto de reforma feito sen contar cos Concellos, e as sas federacins, e de costas dos seus representantes. Polo tanto, para evitar este dano irreparable aos municipios, polo que o Grupo Municipal Socialista vilalbs, somete para a sa aprobacin a adopcin dos seguintes ACORDOS: 1.- Instar ao Goberno Central para que calquera texto de reforma de Lei de Bases de Rxime Local sexa elaborado co consenso da Federacin Espaola de Municipios e Provincias (FEMP) e se tean en conta as propostas realizadas pola Federacin Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), en todo o referido especificidade de Galicia. 2.-Trasladar o citado acordo ao Goberno do Estado, FEMP e a FEGAMP.

Grupo Municipal Socialista

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista. Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Grupo Municipal Socialista


Vilalba, 18 de marzo de 2013 O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, presenta, diante do Pleno da Corporacin esta MOCIN, en base a seguinte EXPOSICIN DE MOTIVOS A Xunta de Galicia veu de anunciar nas primeiras semanas do mes de Marzo un incremento nas taxas polo uso dos comedores escolares limitando o acceso aos mesmos a unha gran parte dos alumnos/as e encarecendo notablemente o uso dos mesmos, con criterios estritamente economicistas. O mantemento dos servizos pblicos sustntanse nos principios de solidariedade e progresividade fiscal. A Xunta de Galicia rechazou recentemente, na tramitacin dos presupostos autonmicos do 2013, unha propostas do PSdeG-PSOE referida ao incremento do tipo mximo no tramo autonmico do IRPF para as rentas mis altas na procura de mellorar a progresividade fiscal en Galicia co nico argumento de que a efectividade recadatoria da medida proposta polo PSdeG-PSOE sera irrelevante. Na mesma tramitacin dos presupostos, o PSdeG-PSOE tamn propuxo a creacin dun imposto banca sobre os depsitos, proposta esta que o PP rexeitou co seu voto en contra no Parlamento de Galicia. Feijoo negouse a apoiar todas estas iniciativas propostas polo PSdeG renunciando as a medidas que afondaban na progresividade fiscal e na idea de que paguen mis o que mis ten Agora o PP por voz do seu Conselleiro de Educacin utiliza o argumento de que pague mis o que mis ten para extender e endurecer un repago polo uso dos comedores

Grupo Municipal Socialista


escolares nun novo ataque clase media traballadora polo uso dun servizo bsico educativo. Esta medida supor, por exemplo, que moitas familias con dous fillos tean que pagar 198 polo uso do comedor no vindeiro mes de Abril do ano 2014. En lugar de incrementar o IRPF para as rentas mis altas ou crear un novo imposto banca, a Xunta de Galicia prefire subir as taxas polo uso dos comedores escolares ao tempo que despide a miles de profesores e se gasta mis de 3 millns de euros ao ano na subvencin de colexios vinculados igrexa e declarados ilegais por segregar ao seu alumnado por razn de sexo ou manter intactos os 28 millns de que se destinan ao ensino da relixin nos colexios. Polo exposto, e ante o novo ataque do Partido Popular aos cidadns galegos, o Grupo Municipal Socialista do Concello presenta para o seu debate e posterior aprobacin po Pleno, os seguintes ACORDOS 1 O Pleno do Concello de Vilalba, manifesta o seu rexeitamento ao repagamento do servizo de comedor que pretende establecer a Xunta para o vindeiro curso, por ser un novo golpe s economas das clases medias traballadoras. 2 Trasladar este acordo Presidencia da Xunta de Galicia. O voceiro do Grupo Municipal Socialista Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE - PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Grupo Municipal Socialista


Vilalba, 18 de marzo de 2013

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, presenta, diante do Pleno da Corporacin esta MOCIN, en base s seguinte EXPOSICIN DE MOTIVOS:
O 10 de decembro de 1996, o Concello de Vilalba, asina un convenio de colaboracin coa asociacin de empresarios do polgono industrial sete pontes no que se refire da construccin dun edificio multiusos destinado a servizos de carcter xeral, cobrando especial relevancia a dotacin dun centro social con sala de reunins e demis servizos comns e de asistencia sanitaria para atender ao colectivo laboral que traballadores das empresas radicadas no polgono. Tamn, aos empresarios da comarca, asociacins e organismos administrativos. Dito convenio, manifesta que o centro multiusos en cuestin, se construir en das fases, e que na primeira, que ocupar a planta baixa, estar repartida do seguinte xeito: Sala de recoecementos mdicos, sala de conferencias e outra zona de servizos xerais. Unha segunda fase, na que se desenvolver a primeira planta, que estar ocupada polo centro social,a sala de reunins, as oficinas administrativas para a asociacin de empresarios e as oficinas sectoriais. Nunha fase posterior, construiriase unha nave industrial anexa para a instalacin de talleres e aulas de ensino. O convenio asinado, refire que ter unha duracin de 50 anos prorrogables, e que ser o Concello o encargado de interpretalo e resolver as dbidas que poidan xurdir.

Grupo Municipal Socialista


Son varias as reformas que sufriu dito inmoble ao longo dos anos, e tamn resultan controvertidas as opinins que existen na actualidade ao respecto do uso das distintas dependencias. Opinins que teen moito que ver coa utilizacin que fai de parte das instalacins o concelleiro do Grupo Pupular D. Ivn Fernndez Hermida. O propio convenio, manifesta a posibilidade de que as instalacins sexan utilizadas por outros empresarios da comarca, asociacins e organismos administrativos. por todo elo, polo que este Grupo solicita que o Pleno acorde: 1 Que unha representacin dos tres grupos polticos da Corporacin, visiten as instalacins e comproben in situ, o estado real, o equipamento, e o uso que se lle est a dar ao edificio. 2 Que se redacte en comn acordo coa Asociacin de Empresarios, un manual de uso das instalacins, para o caso que sexan solicitadas por outros colectivos ou entidades administrativas. 3 Que o Aparellador Municipal, redacte un informe urxente do seu estado actual, facendo fincap nas modificacins, autorizacins e as sas circunstancias e condicins que se poideran ter efectuado dende a aprobacin do seu proxecto inicial.

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo.Eduardo Vidal Baamonde Sr. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA.

Grupo Municipal Socialista


Vilalba, 19 de marzo de 2013

AO PLENO DO CONCELLO DE VILALBA O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, formula ao Sr. Alcalde Presidente da Corporacin as seguintes preguntas en base a seguinte, EXPOSICIN DE MOTIVOS En escrito rexistrado neste Concello o 26 de febreiro de 2013, o Grupo Municipal Socialista, solicitou do Alcalde, ao respecto do cobro do imposto das Plusvalas Municipais, o seguinte: Que proceda revisin das notificacins que se poideran haber realizado no ltimo

trimestre do ano 2012 en relacin s liquidacins do impuesto sobre o incremento do valor da plusvala municipal, e caso de non estar amparadas previamente polo oportuno acordo de liquidacin aprobado por rgano competente, proceda a deixalas sen efecto previos os trmites oportunos, con devolucin, se o caso, dos haberes indebidamente ingresados.

A este respecto: 1 Tomou alguna decisin o Sr. Alcalde ao respecto do solicitado? En caso afirmativo, 2 Cal ou cales? No convenio asinado, (encomenda aprobada en sesin Plenaria de 27 de xullo de 2012) entre o Concello e o Rexistro da Propiedade, para o cobro das Plusvalas Municipais, no seu apartado

terceiro, punto 1. refirese que a oficina recaudadora, emitir factura trimestral en concepto de retribucin polas funcins realizadas, nos tres das seguintes ao peche de cada periodo (31 de decembro, 31 de marzo, 30 de xuo e 30 de setembro), a este respecto: 3 Ten emitido a oficina do Rexistro alguna factura ao respecto? 4 cal o seu importe? O apartado segundo, punto IV, dito convenio, refire que: Trimestralmente realizarase un informe explicativo das actuacins de xestin, liquidacin e recadacin que levara a cabo o rexistrador titular do Rexistro da Propiedade de Vilalba durante cada trimestre. O dito informe ser remitido dentro dos 20 das seguintes finalizacin de cada trimestre, conta de correo electrnico que designe para estes efectos o Concello de Vilalba. A este respecto, 5 Estanse a recibir ordinariamente, por parte do Rexistro da Propiedade, os informes correspondentes?

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde.

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN DO CONCELLO DE VILALBA

Grupo Municipal Socialista


Vilalba, 19 de Marzo, de 2013

AO PLENO DO CONCELLO DE VILALBA O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, formula ao Sr. Alcalde-Presidente da Corporacin as seguintes preguntas en base a seguinte, EXPOSICIN DE MOTIVOS O Concello de Vilalba ten asinado contrato para a xestin indirecta mediante concesin da xestin integral do servizo municipal de abastecemento de auga potable e saneamento municipal, coa empresa Espina e Delfn S.L. Nas bases do contrato figura que a empresa, ser a responsable da calidade bacteriolxica da auga e non da qumica, a este respecto: 1 Podera explicar o Sr. Alcalde, en qu consiste o plan polo que se asegura a calidade qumica das augas de abastecemento municipais? Nas mesmas bases, figura que o concesionario debera de ter redactado un Plan Director que tera que ser aprobado polo Pleno Municipal. A este respecto: 2 En que Pleno foi aprobado tal Plan Director? 3 Ten especificada en tal plan, algunha obriga o Concello? En canto retirada e vertido dos fangos das Depuradoras de Augas Residuais, o contrato di que se vertern en terreos propios do Concello ou no vertedoiro Municipal. A este respecto,

4 Cal o destino de ditos fangos? Nas instalacin da EDAR, a empresa concesionaria, deber de ter un laboratorio para efectuar os controis necesarios. O contrato, tamn especifica que a empresa deber de elaborar mensualmente un informe de incidencias. A este respecto: 5 O Concello, ten efectuado verificacins do funcionamento do laboratorio? Ten as oportunas actas de verificacin? 6 Est a empresa a efectuar mensualmente os informes de incidencias? Na clusula n 27, especifcase sobre a comisin de seguimento e control. A este respecto: 7 Existe o regulamento de funcionamento de tal comisin? En que Xunta de Goberno Local foi aprobado? Cales son os tcnicos municipais e o/a concelleiro/a designados/as para formar parte dela? Na clusula 28, de infraccins e sancins, especifcanse en varios apartados diversas causas polas que a empresa pode ser sancionada. A este respecto: 8 O Concello, incoou e/ou resolveu algn expediente sancionador ao respecto das obrigas da empresa contratada? Por qu motivos? de dominio Pblico, que o Concello foi sancionado por vertidos contaminantes a cauces fluiviais en varias ocasins. A este respecto, e no tempo que vai de contrato con esta empresa: 9 A canto ascende o montante que o Concello tivo que pagar en concepto de sancins por vertidos contaminantes? Por ltimo, no Pleno anterior, o Alcalde negouse a contestar a pregunta de se o Concello estaba inmerso nun procedemento contencioso administrativo coa empresa Espina e Delfn. A este respecto: 10 Na actualidade, a Empresa Espina e Delfn S.L. Ten demandado xudicialmente ao Concello de Vilalba? Se a resposta e afirmativa, 11 Cal o motivo de tal demanda?

12 Que supora para o Concello perder tal proceso xudicial?

O voceiro do Grupo Socialista, Asdo. Eduardo Vidal Baamonde.

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN DO CONCELLO DE VILALBA

Grupo Municipal Socialista


Vilalba, 18 de marzo de 2013

Ao Pleno do Concello de Vilalba O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, formula en Sesin Plenaria ao Sr. Alcalde Presidente da Corporacin os seguintes Rogos 1 Que na pista do barrio de Villamartn, na parroquia de San Xurxo de Rioaveso, debido escasa visibilidade, principalmente en direccin estrada de Meira, nas inmediacins da estrutura dunha antigua fonte existente, proceda colocacin de dispositivos (espellos) que permitan visualizar a pista en mbalas das direccins. 2 Debido ao perigo que supn para os pens o trnsito de vehculos, no barrio da Carretera, nas inmediacins do inmoble n 23, camio de Santiago; na parroquia de Alba, formalice o necesario para colocar na pista dispositivos rugosos, e/ou sinais de lmite de velocidade, coa intencin de posibilitar unha maior seguridade vial na contorna.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Das könnte Ihnen auch gefallen