Sie sind auf Seite 1von 6

PTU-PO-09/016

MONDARIZ (PONTEVEDRA)
P.X.O.M.
A.I.-Informe
Páxina 1 de 6

INFORME PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO


CONCELLO DE MONDARIZ (PONTEVEDRA).

O Concello de Mondariz remitiu o Plan Xeral de Ordenación Municipal solicitando informe


previo á aprobación inicial, conforme ó artigo 85.1 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de
Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUG).

I. ANTECEDENTES

I.1. Planeamento municipal vixente.

O Concello de Mondariz conta cun Proxecto de Ordenación do Medio Rural (POMR)


aprobado definitivamente o 26/02/1999 e modificado puntualmente en data 30/08/2001.

I.2. Figuras de ordenación do territorio con incidencia supramunicipal.

Parte da parroquia de Mouriscados, está afectada polo Proxecto Sectorial do Parque Eólico
Montouto 2000, aprobado definitivamente o 15/01/2004. Asemade, o Concello de Mondariz
ten iniciada a tramitación para a instalación dun parque eólico singular.

Consta afección do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na área funcional


de Vigo, iniciado en data do 02/01/09 polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

I.3. Avaliación ambiental estratéxica.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e


Desenvolvemento Sostible emitiu o 15/10/2008 o documento de referencia para a
Avaliación ambiental estratéxica (AAE) do PXOM.

II. INFORME

Logo de analizar a documentación que integra o PXOM e á vista do informe subscrito pola
Subdirección Xeral de Urbanismo, cómpre emitir o seguinte Informe:

II.1. Consideracións sobre o modelo territorial e a estrutura xeral e orgánica.

Conforme aos fins e consideracións xerais establecidos nos artigos 4 e 52 da LOUG,


analizouse o modelo territorial proposto polo PXOM, observándose:

a) Capacidade residencial do Plan:

Obsérvase unha discordancia entre o prazo de desenvolvemento do PXOM expresado na


memoria de ordenación para o cálculo da capacidade máxima residencial (24 anos) e o
indicado na estratexia de actuación e estudio económico (8 anos) e en relación aos prazos
de programación establecidos no art. 19 do Regulamento de Planeamento.

Segundo as datos aportados, a poboación do concello decreceu nun 19.4 % nos últimos 26
anos. Na última década o número de vivendas medrou a un ritmo dunhas 50 viv/ano. Se
proxectan 1.824 vivendas novas posibles totais para un prazo de 24 anos (76 viv/ano) sen
considerar as dos solos urbanos consolidados e minorando un 63 % as dos núcleos rurais.

b) Modelo territorial:
PTU-PO-09/016
MONDARIZ (PONTEVEDRA)
P.X.O.M.
A.I.-Informe
Páxina 2 de 6

Cómpre xuntar unha análise detallada das expectativas de desenvolvemento dos núcleos
rurais (art. 13 da LOUG) que xustifique as áreas de expansión, concretamente a delimitación
de continuos indiferenciados.

A previsión de tres novos desenvolvementos empresariais (dous desvencellados do solo


urbano e das redes de servizos) non semella congruente co principio de utilización racional
do solo enunciado polo PXOM. Xustificarase a compatibilidade entre o emprazamento dos
desenvolvementos empresariais (UNDI-1 e UNDI-3) e o respecto aos valores ambientais.

Nos planos de clasificación do solo delimítanse dous ámbitos denominados actuación


supramunicipal en tramitación ou estudo, os cales se superpoñen ás clasificacións de solo
rústico de especial protección forestal e de especial protección de augas e cauces, aínda
que non se establece determinación algunha ao respecto.

c) Dotacións públicas urbanísticas:

No cómputo da superficie mínima de reservas de solo para a implantación de sistemas xerais


establecidas no artigo 47.1 da LOUG, non poden incluírse os terreos de titularidade non
pública; as correspondentes aos leitos, beiras dos cursos de auga e zonas potencialmente
inundables (espazos libres vinculados ó río Tea); as que non teñan asegurada unha
adecuada accesibilidade (L-056); as se superficie inferior á mínima establecida no Anexo ao
RP (L-016, L-018, L-039, L-42 e L-067) .

Debe xustificarse a suficiencia da vivenda suxeita a algún réxime de protección coas


porcentaxes do solo urbano non consolidado (art. 47.13 da LOUG).

Débese indicar o modo de obtención dos sistemas xerais propostos (art. 25.3 do RP).

II.2. Clasificación do solo.

a) Clasificación do solo urbano:

Cómpre xuntar documentación acreditativa da concorrencia dos requisitos que establece o


artigo 11 da LOUG para a clasificación do solo urbano, sobre integración na malla urbana; a
dispoñibilidade de acceso e redes públicas con características adecuadas para servir á
edificación existente e á permitida polo planeamento; ou consolidación pola edificación,
nomeadamente os terreos na beira da rúa Lugar de Estramil, terreos na beira da rúa Muíño
de Luís, ámbito da AR-5 e a zona leste das AR-2, AR-3, AR-4 e AR-6.

b) Clasificación do solo de núcleo rural:

De acordo coa análise do modelo de asentamento poboacional, os ámbitos delimitados


para os núcleos de Boente, O Barral e A Rúa (Gargamala), A Portela (Vilar), A Chaleira
(Riofrío), Fontebalán (Mouriscados), A Bermella e Meirol (Meirol), A Cela, O Foxaco, Lubián e
O Souto(Mondariz), A Coroa (Lougares), O Couto, A Igrexa (Sabaxáns) e Queimadelos non
presentan un grao de consolidación pola edificación superior ao 50 %.

En todo caso, debe xustificarse dito grao consolidación edificatoria para tódolos
asentamentos, relacionándoo coa parcela mínima e outros factores que se consideren.

A delimitación dos núcleos de Casco (Toutón), Asnela (Riofrío), A Bermella (Meirol), O


Escobeiro e O Souto (Mondariz) excede dos 50 m máximos das edificacións tradicionais.

A áreas de expansión dos núcleos de O Barro (Gargamala), O Souto e O Ceo (Mondariz) e


Vilasobroso exceden dos 200 m da circunscrición do núcleo existente.
PTU-PO-09/016
MONDARIZ (PONTEVEDRA)
P.X.O.M.
A.I.-Informe
Páxina 3 de 6

Parte dos terreos delimitados como áreas de expansión dos núcleos do Campo do Mouro e
Poñe (Mouriscados) e O Couto (Lougares), atópanse desligadas dos asentamentos
tradicionais por estradas de titularidade supramunicipal.

As áreas de expansión dos núcleos da Bermella (Meirol) e a Cela (Mondariz) delimítanse en


áreas contiguas aos desenvolvementos industriais propostos (UNDI-1 e UNDI-3).

A delimitación dalgunhas áreas de expansión afectan a terreos que, conforme ao


establecido polo artigo 32.2 da citada lei, deben ser clasificados como solo rústico de
especial protección agás xustificación que fundamente a exclusión:

- Protección agropecuaria, xa que de conformidade coa información achegada


polo propio plan, reúnen alta produtividade agrícola ou gandeira e atópanse en labor:
Lordelo e Casco (Toutón), Cambra (Frades), A Costeira e A Igrexa (Vilar), O Ervellal, Muiños,
Bouzabán, As Regadas, Pe do Muíño, Perrazo e Cernadela (Riofrío), Meirol e A Goleta
(Meirol)), O Escobeiro, As Paredes, A Cela, O Ceo e Castromao (Mondariz), O Couto,
Lougares e Porrón (Lougares) e A Igrexa, Augalevada, O Coto, Paxareira (Sabaxáns), Fontán
e Poñe (Mouriscados) e Queimadelos.

- Protección forestal, os terreos que sustentan masas arbóreas, pertencen a monte


veciñal de man común ou consta que sufriron os efectos dun incendio nos últimos anos: O
Breque, A Toxeira e Casco (Toutón), Aboal (Frades), Vedrelos (Gargamala), O Escobeiro
(Mondariz), O Coto e A Chan (Sabaxáns), Vilasobroso, Queimadelos, Barro (Gargamala), A
Cavada Nova e Pe do Muiño (Riofrío), A Bermella (Meirol), As Vendas (Mouriscados),
Paxareira, Campo do Mouro, Fruxilde e As Rozas (Mouriscados).

- Protección das augas: Quintáns e Cambra (Frades), Crespos, San Xoán e As Vendas
(Mouriscados).

- Co fin de garantir a axeitada protección das beiras das estradas supramunicipais,


as áreas de expansión de Quintáns (Frades), O Souto, O Ceo e as Paredes (Mondariz) e
Vilasobroso non poderán abranguer terreos que teñan á propia estrada como único
acceso. Nas áreas de expansión dos núcleos das parroquias de Toutón, Gargamala, Vilar,
Riofrío e Queimadelos procurarase a protección das mencionadas vías de circulación.

Deberase aclarar a discordancia existente entre o listado de asentamentos de poboación


singularizados nos censos e padróns oficiais, os contidos no plan e os xa delimitados no
vixente POMR (A Cavada Nova, O Ceo, Borraxeiros, As Regadas...).

c) Clasificación do solo urbanizable:

Á máis do sinalado no epígrafe II.1.b) deste Informe, os solos urbanizables proxectados


invaden zonas que semellan merecentes de se clasificar como solo rústico protexido(art. 32.2
da LOUG): UNDI-1 e parte do UNDI-3 que sustentan masas arbóreas; e o UNDI-2 (que como o
UNDI-1) declarado monte veciñal en man común (que deben ser de protección forestal).

Estes ámbitos se delimitan en contigüidade co solo rústico de especial protección de augas


e moi próximo ao de espazos naturais, ou a ambos lados dunha estrada supramunicipal, sen
que o Plan valore as afeccións que este tipo de implantacións poden xerar.

d) Clasificación do solo rústico:

Nos planos de información e no documento de referencia para a AAE, delimítanse espazos


naturais a protexer e arborado de interese (fraga do río Aboal, Monte Maior e humidal de
PTU-PO-09/016
MONDARIZ (PONTEVEDRA)
P.X.O.M.
A.I.-Informe
Páxina 4 de 6

Vilaverde). Non obstante, parte deses terreos non teñen asignada polo Plan a categoría de
solo rústico de especial protección de espazos naturais.

Cómpre xustificar os ámbitos de solo rústico de protección ordinaria delimitados que


presentan características similares aos terreos contiguos cualificados como solos protexidos.

Segundo a información do Plan, os terreos de solo rústico de protección ordinaria (L-023) e os


situados entre os núcleos de Foxaco e Outerelo, están declarados como monte veciñal en
man común, polo que lles corresponde a categoría de especial protección forestal.

En diversas bases cartográficas constan cursos fluviais non identificados polo Plan.

Aínda que na información recóllese a existencia de áreas de interese paisaxístico, como os


penedos de Picaraña, o monte Landín e arredores do castelo de Vilasobroso, non se
delimitan as concas de interese paisaxístico para a súa adecuada protección.

En aplicación do artigo 32.3 da LOUG, nos terreos incluídos na delimitación do LIC ou na


zona de policía de augas que estean situados dentro da liña límite de edificación dalgunha
estrada de titularidade supramunicipal, as proteccións deben superpoñerse.

Se ben a Normativa determina que os elementos do catálogo de bens culturais situados en


solo rústico están sometidos á ordenanza de solo rústico especialmente protexido para zonas
con interese patrimonial, artístico ou histórico, deben delimitarse nos planos de ordenación.

II.3. Determinacións no solo urbano.

Deben incluírse na categoría de solo urbano non consolidado, de conformidade co artigo


12.b) da LOUG, os terreos nos que son necesarios procesos de urbanización (ámbito entre
camiño do Campo Santo e o camiño de Souto de Abaixo) ou obtención de dotacións
urbanísticas con distribución equitativa de beneficios e cargas (ámbito ao noroeste da
escalinata que comunica a estrada PO-262 e o camiño de Souto de Abaixo; terreos situados
á beira dos camiños rurais que conectan a estrada PO-252 e a rúa Cervantes).

No ámbito dos equipamentos deportivos e escolares, non semella adecuada a coexistencia


de varias ordenanzas que dificultan a configuración dunha unidade dotacional homoxénea
e o seu acceso e relación co espazo libre e equipamentos da praza do Concello.

O volume edificatorio en Ordenanzas intensivas, asignado aos cuarteiróns de solo urbano ao


nordeste (lindeiros coa AR-2), sueste (lindeiros coas AR-3 e AR-4) e á beira do camiño do
Penat – barrio do Ceo, non garda relación coas edificacións existentes (vivenda unifamiliar)
nin co parcelario existente. O establecemento dunha ordenación substancialmente
diferente da existente conlevará a categoría de solo urbano non consolidado.

Resolverase a transición entre distintas Ordenanzas, impedindo a aparición de medianeiras.

A ordenanza 5 (FS) Fincas Singulares remite a ordenación e os parámetros da edificación


específicos á correspondente ficha do catálogo de bens. Non obstante, non constan esas
fichas no catálogo de bens culturais.

Nun quinteiro ao sur da AR-3 non se establece a Ordenanza que lle é de aplicación.

A posibilidade de prolongar o plano de fachada 1,00 m por riba do último forxado semella
incumprir o establecido nos artigos 46.1 e 104.c) da LOUG, cánto á conservación dos tipos e
do patrimonio construído.
PTU-PO-09/016
MONDARIZ (PONTEVEDRA)
P.X.O.M.
A.I.-Informe
Páxina 5 de 6

Conforme ao artigo 54 da LOUG, no solo urbano consolidado debe concretarse a previsión


de aparcadoiros de titularidade pública; e sinalar as rasantes da rede viaria.

As Ordenanzas de referencia contidas nas fichas de xestión non se corresponden coas


definidas nas normas particulares de solo urbano.

Nas áreas de reparto non se fixa o aproveitamento tipo (art. 53.h) e 113 LOUG e art. 31 RP).

II.4. Determinacións no solo de núcleo rural.

De acordo co expresado nas fichas do núcleos contidas na Memoria informativa, a


superficie media das parcelas de solo de núcleo rural tradicional é moi superior á
establecida como superficie de parcela mínima edificable nas Ordenanzas específicas para
solo de núcleo rural, o que incide no grao de consolidación e a preservación tipolóxica.

O viario estruturante proxectado no ámbito da AR-2 se prolonga polo Núcleo Rural


tradicional de Souto e a área de expansión deste núcleo e do Ceo(segundo os planos de
ordenación pormenorizado dos solos de núcleo rural, pero non recollido nos planos de
clasificación e calificación do solo do T.M.) sen que o Plan estableza as determinacións para
a obtención dos terreos necesarios.

II.5. Determinacións no solo urbanizable.

Nin nas normas particulares de solo urbanizable nin nas fichas de solo urbanizable non
delimitado se establece o uso previsto para cada ámbito delimitado.

II.6. Normativa.

A definición de soar contida no apartado 4.2, a redacción dos epígrafes 5º e 6º do apartado


4.3.1 nos que se regulan os sotos e semisotos, ao apartado 5.5.3.6 que regula os corpos
voados e do epígrafe que regula a edificabilidade do apartado 7.1.4, non se axustan ao
determinado nos art. 16 e 46.6 da LOUG respectivamente.

O epígrafe 4 do apartado 4.3.2.12 da normativa axustarase á Disposición Transitoria Décimo


Segunda da LOUG, modificada pola lei 3/2008, de Ordenación da Minaría de Galicia.

A definición da liña de edificación para as vías de tipo I, contida no apartado 4.4.1.1,


axustarase ao establecido na lexislación sectorial.

O prazo establecido no apartado 5.3.8 non se axusta ao determinado pola normativa


sectorial (Lei 10/2006, de 28 de abril, que modifica á Lei 43/2003, de Montes).

Corrixirase o erro na referencia contida no apartado 5.4.5.3.

De acordo co art. 165 da LOUG, enténdese por terreos destinados a dotacións públicas, os
de titularidade do municipio ou, se é o caso, da Comunidade Autónoma.

II.7. Estratexia de actuación e estudo económico.

Cómpre acreditar a conformidade das administracións ou entidades públicas distintas do


municipio ás que se lles atribúe financiamento do Plan.

Conforme ao establecido no art. 60 da LOUG, o Plan conterá a avaliación do custo e a


iniciativa de financiamento da implantación dos sistemas xerais e das actuacións previstas
non executados, como por exemplo os espazos libres do entorno do cemiterio de Mondariz.
PTU-PO-09/016
MONDARIZ (PONTEVEDRA)
P.X.O.M.
A.I.-Informe
Páxina 6 de 6

II.8. Documentación.

O trazado e características das redes básicas de servizos preséntanse incompletos (se recolle
o trazado de redes existentes e non proxectadas) e a unha escala inadecuada (art. 47.9).

No catálogo de elementos a conservar ou recuperar non se inclúen os elementos con


valores naturais sinalados na información (arborado de interese).

As fichas do catálogo de bens culturais deben conter a localización do elemento a escala


adecuada, a delimitación do seu ámbito de protección e descrición gráfica das súas
características construtivas (art. 75.4. da LOUG).

Parte das fichas dos núcleos rurais da memoria informativa non recollen a existencia de rede
eléctrica entre os servizos existente.

Este Informe emítese de conformidade co previsto no artigo 85.1, en relación co 93.4, da Lei
9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de
Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2009.


A SECRETARIA XERAL DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO

Mª Encarnación Rivas Díaz

Das könnte Ihnen auch gefallen