Sie sind auf Seite 1von 5

Localiza e clasifica os adverbios que atopes nas seguintes oracións.

 Aí está o que levas buscando toda a tarde; tíñalo moi preto.


 Vou á súa casa acotío, pero agora non me dirixo cara a alí; quizais vaia mañá.
 Sei que non o fixo adrede, por iso llo perdoo.
 Sempre lle di que vaia engorde, pero nunca o escoita e decote anda ás présas.
 Pregunteillo e respondeu que si, mais talvez non sexa certo (seica é algo mentireiro).
 Ese lugar que dis quédame a contramán, así que non poderei ir hoxe; poida que
pasadomañá pase por alí.
 Aínda non teño sono, para min é moi cedo, case nunca me deito antes da unha.
 Viña andando devagar, pero de súpeto deu en correr: debeu lembrar algunha cousa.

Lugar Tempo Modo Cantidade Afirmación Negación Dúbida

Sinalar os adverbios e locucións adverbiais

1. Sen dúbida caerá auga a mares e, ao mellor, nin poderemos ir ao traballo.

2. De camiño que limpas os cadros, podes endereitalos, que torcen abondo.

3. Esa lámpada manda ben pouca luz; ás veces, á tardiña xa parece que é noite pecha.

4. Seica te divertiches moito onte, case era día e aínda non querías ir para a cama.

5. Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, mais despois, co de présa que se

move, recupera o perdido.

6. Como as queres? –Quéroas moi crúas.

7. Vai de vagar, que Melide está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues

nunca.

8. Antonte contaba o avó como antano nos fiadeiros sempre había un pillabán que

mataba a luz do candil para andar ás apalpadelas.


9. Tamén mo dixo a min de contado. Era entre lusco e fusco e eu estaba alí na solaina

sentado á sombra.

10. Non teño gato e tampouco uso raticidas. Aquí nesta casa, os ratos píllanse ás

carreiras, logo fáiselles un xuízo xusto e cúmprese a sentencia.

11. Fuches antes alí? –Fun, abofé que me lembro ben!

12. Saíndo á esquerda, á beira da parede é onde deixan decote o lixo.

13. profesor puxo ceros a eito, fíxoo de mantenta e a tergo porque a avaliación xa está aí.

14. U-las cereixas? Están aí fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor; xa que

acabaches, adiante, vailles tirando o rabo que eu estou canso e teño que marchar

axiña.

15. Para onde vas? –Vou para ningures, sabichón!

Subliñe nestas frases os adverbios de lugar e tempo. Despois, clasifíqueos.

1. Esa lámpada dá pouca luz; ás veces, á tardiña xa parece que é noite.

2. Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, pero despois, traballando a présa,

recupera o perdido.

3. Vai de vagar, que Pontevedra está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues

nunca.

4. Antonte contaba o avó como antano sempre había un pillabán que mataba a luz do

candil para andar ás apalpadelas.

5. Fuches antes alí?

6. Saíndo, á beira da parede, é onde deixan decote o lixo.

7. Están fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor.

8. Para onde vas? –Vou para ningures.

Sinalar as preposicións e locucións preposicionais

1. Non viñeron á discoteca por mor do exame do instituto.


2. Co gallo do Día das Letras Galegas fanse cousas que se deberían facer todo o ano.

3. Senta aquí, cabo de min ao pé do lume, temos que conversar con tempo.

4. Púxoo sobre o banco, logo colleuno con noxo e tirouno pola xanela.

5. Pono a rentes do chan para que non lles estorbe aos nenos.

6. Traballou moito a prol da xustiza e pagáronllo coa indiferenza e o esquecemento.

7. Agora voume situar decote diante do Miguel e a carón do Daniel.

8. En vez de levalo, déixao dentro do armario.

9. Desde onte anda fóra de si cun xenio de mil demos.

10. Non poñas cara de ferreiro por quedares debaixo de min, xa sabes que xogo con

vantaxe pola experiencia.

Subliñe as conxuncións que hai nestas oracións.

1. Non quixo cear nin quedarse á conversa.

2. Iría contigo de boa gana, pero teño moito traballo.

3. Aceptará a proposta sempre que as condicións sexan as que esixe.

4. Debe saber a verdade a fin de non andar matinando seguido.

5. Por moito que diga, non ousará enfrontarse ao patrón.

6. Colle o paraugas ou vai en autobús.

7. Xa quedou amañado, polo tanto podemos saír sen ansias.

Subliña os adverbios do seguinte texto:

Tódolos días pasaba por alí diante un home alto inmerso na súa soidade, andaba lento,

non sei o que iría cavilando. Sempre acompañaba un can forte, case tan grande coma

el, que corría lixeiro en busca do vento, en busca da vida que fuxía diante deles. O home

faláballe ó can con palabras claras e limpas, pero faláballe baixo, paseniño; ás veces

chamábao petando forte cun pau cando o animal se escondía baixo algún coche.
Exercicio 2:

1. Sen dúbida, a mares, ao mellor.


2. De camiño, abondo.
3. ben, ás veces, á tardiña.
4. Seica, moito, onte, case, aínda, non.
5. Agora, lonxe, nunca, cedo, despois, de présa,
6. Como, moi.
7. de vagar, preto, demasiado, quizais, non, nunca.
8. Antonte, como, antano, sempre, ás apalpadelas.
9. Tamén, de contado, entre lusco e fusco, alí.
10. Non, tampouco, aquí, ás carreiras, logo.
11. antes, alí, abofé, ben.
12. á esquerda, á beira, onde, decote.
13. a eito, de mantenta, a tergo, xa, aí.
14. U, aí, fóra, non, dentro, adiante, axiña.
15. onde, ningures.

Exercicio 3:
De lugar: lonxe, preto,alí, á beira, onde, fóra, dentro, ningures;
De tempo: ás veces, á tardiña, agora,nunca, cedo, despois, a présa, de vagar,nunca, antonte,
antano, sempre, antes, decote, onde.

1. Esa lámpada dá pouca luz; ás veces, á tardiña xa parece que é noite.


2. Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, pero despois, traballando a présa,
recupera o perdido.
3. Vai de vagar, que Pontevedra está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues
nunca.
4. Antonte contaba o avó como antano sempre había un pillabán que mataba a luz do
candil para andar ás apalpadelas.
5. Fuches antes alí?
6. Saíndo, á beira da parede, é onde deixan decote o lixo.
7. Están fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor.
8. Para onde vas? –Vou para ningures.
Exercicio 4
1. a, por mor de, de.
2. Co gallo de, de.
3. cabo de, ao pé de, con.
4. sobre, con, por.
5. a rentes de, para, a.
6. a prol de, con.
7. diante de, a carón de.
8. En vez de, dentro de.
9. Desde, fóra de, con, de.
10. por, de, debaixo de, con, por.

Exercicio 5
1. Non quixo cear nin quedarse á conversa.
2. Iría contigo de boa gana, pero teño moito traballo.
3. Aceptará a proposta sempre que as condicións sexan as que esixe.
4. Debe saber a verdade a fin de non andar matinando seguido.
5. Por moito que diga, non ousará enfrontarse ao patrón.
6. Colle o paraugas ou vai en autobús.
7. Xa quedou amañado, polo tanto podemos saír sen ansias

Exercicio 6

Tódolos días pasaba por alí diante un home alto inmerso na súa soidade, andaba lento, "non"
sei o que iría cavilando. Sempre acompañaba un can forte, casetan grande coma el, que
corría lixeiro en busca do vento, en busca da vida que fuxía diante deles. O home faláballe ó
can con palabras claras e limpas, pero faláballe baixo, paseniño; ás veces chamábao
petando forte cun pau cando o animal se escondía baixo algún coche.

Das könnte Ihnen auch gefallen