Sie sind auf Seite 1von 13

2.2. Concepcións críticas da cultura: Gramsci.

Actividade inicial
Programa de Radio: Carne Cruda. Videoclips, armas de sumisión masiva
http://www.eldiario.es/carnecruda/programas/Videoclips-armas-destruccion-
masiva_6_725187478.html
“En el condado de Arlington junto al mítico río Potomac, en las imponentes oficinas del Pentágono,
a algún funcionario se le ha ocurrido la brillante idea de utilizar a una famosa cantante para realizar
un vídeo musical que difunda los intereses geoestratégicos del gobierno de Estados Unidos entre la
juventud. La artista elegida es Katy Perry. Ésta no es una mujer cualquiera, es la estrella del pop
más famosa de Estados Unidos y la personalidad con la cuenta de Twitter con más seguidores del
mundo entero, por encima del propio Barak Obama. Dicho y hecho, cuando se trata del
Pentágono no hay trecho. El 16 de febrero de 2012 comienza el rodaje del videoclip en la base de
los marines en Penleton (California) y el 21 de marzo, Universal, la discográfica más importante del
mundo propiedad del gigante mediático francés Vivendi, estrena en la cuenta oficial de Perry el
vídeo. Se titula Part of Me y está dirigido por el reputado director Ben Mor, especialista en grabar
con superestrellas como Pitbull, Britney Spears o Black Eyed Peas. Objetivo del
Departamento de Defensa: 1) fomentar el alistamiento de chicas de clase trabajadora en el
cuerpo de los Marines y 2) propagar la imagen del gigante norteamericano como gendarme
planetario en las cabezas de todos los seguidores internacionales de la popular cantante” (Jon E.
Illescas, La Dictadura del Videoclip Industria musical y sueños prefabricados, El Viejo Topo,
Barcelona, 2015, p. 20-21.)
https://www.youtube.com/watch?v=uuwfgXD8qV8

“Katheryn Elizabeth Hudson, nada o 25 de outubro de 1984 en Santa Bárbara, California, é unha
cantante, compositora e bailarina estadounidense.
Traxectoria
Katy Perry é a filla mediana de dous pastores evanxélicos, tendo unha irmá maior e un irmán
menor.
Katy Perry comezou a cantar na súa igrexa desde os nove até os dezaseis anos. Perry, medrou
escoitando música gospel. Asistiu a escolas cristiás e campamentos. Como un pícara calquera, Katy
Perry, aprendeu a bailar nunha sala de Santa Bárbara. Ela estivo a cargo de bailaríns e comezou co
swing, Lindy Hop, e jitterbug. Ao cabo, decidiu abandonar a escola para seguir unha carreira na
música. Recibiu así mesmo clases de canto e durante un tempo estudou ópera italiana” (Katy Perry.

1
(26 de outubro de 2017). Galipedia, a Wikipedia en galego. Consultado o 25 de febreiro de 2018 ás
11:11 en https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Katy_Perry&oldid=4532973.).

2
1. Contexto: o biennio rosso.
O bienio vermello (Fonte: Biennio rosso. (2017, 14 de septiembre). Wikipedia, La enciclopedia
libre. Fecha de consulta: 17:58, febrero 6, 2018 desde https://es.wikipedia.org/w/index.php?
title=Biennio_rosso&oldid=101873889).

O biennio rosso ou en galego bienio vermello, é unha sucesión de eventos dos anos 1919-1920 na
historia de Italia, protagonizada principalmente polos consellos de fábrica. Chamóuselle vermello
debido á masiva revolta popular socialista e anarquista que se produciu no norte de Italia. Estes
consellos de fábrica comezan en Turín en cada unha das fábricas da cidade. Turín era un centro moi
importante de fabricación de automóbiles, sede da marca Fiat. En abril de 1920, por un problema
relativamente menor de horarios, acaba desatándose un verdadeiro conflito entre obreiros e
empresarios polo poder nas fábricas.
Os obreiros lánzanse a unha folga que se estende rapidamente por toda a rexión do Piamonte, e logo
acada a Lombardía involucrando medio millón de obreiros.

3
Consellos de fábrica
En Turín, e no norte de Italia o movemento obreiro comezou a medrar en torno a comisións
internas. A cidade de Turín, edificada ao redor de grandes fábricas automotrices, era o centro
industrial máis importante de toda Italia e reunía a flor e nata da clase obreira italiana. O primeiro
"consello de fábrica" formouse na fábrica da Fiat en Turín en agosto de 1919.
Os consellos eran organismos de autoorganización obreira inspirados no exemplo dos "soviets de
obreiros e campesiños" creados en Rusia, provocando unha situación pre-revolucionaria. En Italia
estes "consellos" compúñanse de representantes, un por cada 15 ou 20 persoas, escollidos por
asembleas por sección da planta e por todos os obreiros, estiveran ou non afiliados ao sindicato. Os
administradores de sección de planta escollían entón unha comisión interna de mandato revogábel.
Esta era coñecida como o "consello da fábrica", unha estrutura de democracia directa practicada e
proposta polos anarcosindicalistas.
As súas funcións eran o control do persoal técnico, o despido de empregados contrarios aos
intereses da clase obreira e o control da produción da empresa e das operacións financeiras. Os
"consellos" eran creados principalmente por inspiración dos anarcosindicalistas, aínda que ao
constatar o seu éxito os militantes do Partido Socialista Italiano empezaron a fundar os seus propios
"consellos".
Antes de novembro de 1918, estas "comisións” eran apenas un órgano asesor do sindicato. En
febreiro de 1919 a Federación Italiana de Traballadores do Metal (FIOM) transforma estas
comisións en consellos dotándoos dunha función directiva e non só de asesoría. Antes de maio de
1919, os consellos convertéronse na forza dominante dentro da industria metalúrxica e os sindicatos
(convencionais) estaban en perigo de converterse en unidades administrativas marxinais.
Gramsci afirma que os consellos de obreiros son:
“[...] a única institución proletaria que, por nacer precisamente alí onde non subsisten as relacións
políticas de cidadán a cidadán, alí onde non existe para a clase obreira nin liberdade nin democracia,
senón só as relacións económicas de explotador a explotado, de opresor a oprimido, representa o
esforzo perenne de liberación que a clase obreira realiza por si mesma [...]” (Gramsci, Antología,
Siglo XXI editores, 2005, I: 2, 1917-1922, p. 94).
Aínda que estes feitos sucederon en grande parte en Turín, esta militancia recorreu Italia con
campesiños e traballadores que ocupaban fábricas e terras. En Liguria despois dunha interrupción
na paga, os traballadores do metal e da construción naval ocuparon e dirixiron as súas plantas
durante catro días.
Durante este período, a Unión Sindical Italiana (USI) incrementouse en 800.000 membros até case
acadar o millón e a influencia da Unión Anarquista Italiana (20.000 membros) creceu. A

4
Cofindustria (organismo que agrupa aos industriais italianos) responde ante este ambiente cun
intento de peche masivo de fábricas que, ante o convulsivo escenario, agravou aínda a situación. Os
obreiros ocupan as fábricas e toman os medios de produción. Crean un corpo de "Gardas
Vermellos" imitando os bolcheviques rusos.
Os anarquistas foron os primeiros en suxerir aos obreiros tomar os lugares de traballo e poñelos en
funcionamento. O teórico e militante anarquista Errico Malatesta escribiu no xornal "Umanità
Nova" en marzo de 1920 que as folgas non podían reducirse a ser protesta, senón que tiñan que
servir para tomar as fábricas e facerse donos dos medios de produción. Os traballadores organizan a
produción, o dereito de propiedade é abolido, emítese moeda e o goberno non pode facer nada por
impedilo. As fábricas funcionan cunha alta disciplina.
Os ferroviarios néganse a transportar tropas, os obreiros van en contra das consignas dos sindicatos
reformistas e os campesiños ocupan terras, malia que en realidade era principalmente un
movemento industrial. Isto, nun país onde a meirande parte dos traballadores están na agricultura,
non presaxiaba nada bo. A Gramsci preocúpao sumamente este desvencellamento dos campesiños.
A burguesía cede ás demandas dos traballadores e despois de catro semanas de ocupación os
traballadores deciden abandonar as fábricas. O Partido Socialista Italiano e os sindicatos reformistas
estaban en contra da ocupación e negociaron co Estado para volver á "normalidade" a cambio da
promesa de aumentar legalmente o control das fábricas por parte dos traballadores, en asociación
cos xefes. Esta promesa non se cumpriu.
Os líderes socialistas dubidaban de que os anarquistas tiveran organización e liderazgo para
desenvolver unha loita a longo prazo e preferiron pactar co goberno dende unha "posición de forza".
De feito os diversos grupos anarcosindicalistas italianos tiñan unha grande adhesión obreira mais
carecían dun programa común que aplicar despois da toma das fábricas, de maneira que a patronal
confiaba en que, carentes de cadros capacitados, os anarquistas terminarían capitulando ao non
poder manexar eficazmente as fábricas ocupadas. A falta de organizacións "interfábrica"
independentes fixo que os obreiros dependeran dos burócratas das unións sindicais para obter
información sobre o que pasaba noutras cidades, e as autoridades estatais usaron ese elemento para
illar as fábricas e as cidades entre si.
Goberna un sentimento de derrota entre a clase obreira que se uniu aos "consellos" xa que o 27 de
setembro de 1920, a autorización de reunión é levantada e despídese os administradores dos
consellos. Os traballadores organizan un paro. Os empresarios fan un peche e, coa axuda de miles
de soldados do exército do goberno do liberal Giovanni Giolitti, as fábricas son desaloxadas e
móntanse metralladoras fóra das fábricas.

5
Os traballadores de Turín responderon a isto cunha folga xeral en defensa dos consellos. Os
traballadores invitaran os sindicatos e partidos marxistas e socialistas a unirse á folga, mais estes
rexeitaron a oferta ao considerar moi difícil o triunfo dos traballadores, e só os grupos
anarcosindicalistas estiveron dispostos a actuar. Como a confederación local da USI non podía
proporcionar a infraestrutura necesaria para un movemento de ocupación totalmente coordinado,
após dúas semanas de greve, os traballadores decidiron renderse. Os xefes fixeron algunhas
concesións, mais suprimiron definitivamente os consellos coa axuda dos grupos supostamente
socialistas e arrestaron a moitos obreiros e anarquistas.
As disputas dentro da revolta déronse entre os sectores moderados do Partido Socialista Italiano que
querían só lograr melloras laborais, outros sectores liderados entre outros por Antonio Gramsci que
estaban influenciados pola recente revolución rusa de 1917 e que posteriormente fundarían o
Partido Comunista Italiano, e os sectores de obreiros e campesiños anarquistas liderados por Errico
Malatesta e a federación sindical Unione Sindacale Italiana (USI) de tendencia anarcosindicalista.
En Italia, a represión estatal, a desorganización dos anarcosindicalistas e a división entre os sectores
de socialistas terminaron por quitar toda forza ao movemento, que foi incapaz de opor resistencia
activa a un novo grupo político aparecido en Italia: os fascistas.
As revoltas do bienio rosso fixeron que a alta burguesía italiana mirara con sospeita a calquera
movemento obreiro, e cando en 1919 o ex-socialista Benito Mussolini fundou o seu movemento
fascista de combate baseado nun virulento anticomunismo, a burguesía italiana decidiu apoialo para
contrarrestar as actividades de socialistas e comunistas.
Houbo similares eventos noutros países europeos no mesmo período como os espartaquistas
alemáns1, a revolta socialista de Baviera e a "república soviética" de Hungría, motivados pola
exitosa recente revolución rusa, pero na primavera de 1919 todas estas sublevacións socialistas
foran xa vencidas.

1 “O seu maior período de actividade foi durante a Revolución Alemá de 1918, cando se tentou incitar unha
revolución similar á dos bolxeviques en Rusia, facendo circular publicacións marxistas. Deron á liga o nome de
Espartaco, líder da rebelión de escravos máis grande da historia de Roma. En decembro de 1918, a liga decidiu
adherirse ao Comintern e renomeouse como Partido Comunista de Alemaña (KPD, Kommunistische Partei
Deutschlands). O 1 de xaneiro de 1919, a liga Espartaquista/KPD participou (pero non a iniciou) nunha revolución
comunista de breve duración en Berlín, aínda ante as advertencias de Rosa Luxemburg e de Karl Liebknecht, quen
argumentaban que a rebelión era débil e que non contaban co apoio total da clase obreira. A revolución (logo
coñecida como Levantamento Espartaquista) foi derrotada polas forzas combinadas do Partido Socialdemócrata de
Alemaña, os remanentes do exército alemán e dos grupos paramilitares de extrema dereita coñecidos como
Freikorps, ás ordes do chanceler Friedrich Ebert. Luxemburg e Liebknecht, entre moitos outros, foron masacrados
polos Freikorps, e os seus corpos arroxados ao río. Centenares de Espartaquistas foron executados nas semanas que
seguiron á sublevación. Os restos da liga disolvéronse no Partido Comunista de Alemaña (KPD) que conservou o
xornal da liga, Die Rote Fahne (A Bandeira Vermella), como a súa publicación” (Liga Espartaquista. (26 de xaneiro
de 2017). Galipedia, a Wikipedia en galego. Consultado o 9 de febreiro de 2018 ás 18:16 en
https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Liga_Espartaquista&oldid=4169312).

6
2. Vida de Antonio Gramsci
Antonio Gramsci, nado en Ales (Sardeña) o 22 de xaneiro de 1891. Os seus pais foron Francesco
Gramsci (1860-1937) e Giuseppina Marcias (1861-1932). Francesco era orixinario de Gaeta (Lacio,
centro de Italia) e comezou a estudar Dereito, mais por mor da pobreza da súa familia debeu atopar
rápido un traballo e partiu para a illa de Sardeña. Corría o ano 1881 e empregouse nunha oficina de
rexistro. Alí coñeceu Peppina, que só estudara ata terceiro de primaria, e casaron malia a oposición
dos pais dela. Durante este período naceron os seus fillos: Gennaro (1884), Grazietta (1887), Emma
(1889) e en 1891, en Ales, Antonio, bautizado o 29 de xaneiro. O ano seguinte os Gramsci
mudáronse a Sorgono, onde nacen os seus fillos Mario en 1893, Teresina en 1895 e Carlos en 1897.
Arrestado o 9 de agosto de 1898 coa acusación de peculado 2, concusión3 e falsidade en actos,
Francesco Gramsci é condenado o 27 de outubro de 1900 ao mínimo da pena: 5 anos, 8 meses e 22
días de cárcere, para expiar en Gaeta. Privada do soldo do pai, para a familia Gramsci son anos de
extrema miseria. Antonio, por unha caída aos tres anos, sofre un traumatismo que lle provoca unha
deformación na súa columna e non crece máis: a súa altura non superará o metro e medio. Aínda
que segundo a autopsia e os datos que dan na "Casa-museo de Antonio Gramsci" en Ghilarza,
estaba enfermo de tuberculose ósea, o que lle impediu o crecemento. E xa pouco antes da morte
afectoulle aos pulmóns.
Antonio comeza a asistir á escola primaria aos sete anos e conclúea en 1903 co máximo de
cualificacións. Con todo, as condicións da familia non lle permiten inscribirse na secundaria e dá a
súa pequena contribución á economía doméstica traballando na Oficina do Catastro por 9 liras ao
mes, o equivalente a un quilo de pan ao día. Traballaba dez horas ao día removendo «rexistros que
pesaban máis que eu e moitas noites choraba ás agachadas porque me doía moito o corpo».

O 31 de xaneiro de 1904 Francesco cumpre a súa condena. É rehabilitado e obterá un emprego de


escribán na Oficina do Catastro. Antonio pode inscribirse na secundaria municipal de Santu
Lussurgiu, a 18 quilómetros de Ghilarza, «unha pequena escola na cal tres presuntos profesores
regañaban, con caras esaxeradamente sombrías, durante as cinco clases». Con esta preparación
aventurada logra graduarse en Oristano e no verán de 1908 inscríbese no liceo de Torri de Cagliari,
onde comparte unha pensión xunto ao seu irmán Gennaro, que traballa nunha fábrica de xeo.
O irmán, logo de prestar o servizo militar en Turín, regresara a Sardeña "convertido" en militante
socialista. Así, Antonio pode ler libros, periódicos e opúsculos socialistas.

2 Malversación de caudais públicos.


3 “Extorsão ilegal, cometida por empregados públicos no exercício das suas funções e no seu proveito. ≃ FRAUDE”
(DICIONARIO ESTRAVIZ; HTTP://ESTRAVIZ.ORG/CONCUSI%C3%B3N).

7
Ao fin do segundo ano do instituto, pide ao seu profesor, director da Unión Sarda, poder colaborar
durante o verán no xornal con breves correspondencias e o profesor acéptao: o 20 de xullo de 1910
recibe a credencial de xornalista. O ano seguinte gradúase no liceo con oitos e un nove en italiano.
Marcha á universidade en Turín e inscríbese na facultade de Letras con moi poucos cartos: «a
preocupación do frío non me permite estudar porque paseo na recámara para quentarme os pés ou
debo de estar totalmente cuberto porque non logro soster a primeira xeada». Estuda filoloxía,
historia e filosofía.
Nas eleccións políticas do 26 de outubro de 1913 votan, por primeira vez, os analfabetos
(principalmente campesiños), mais a corrupción e a intimidación electoral son as mesmas das
eleccións precedentes. Toma leccións privadas de filosofía. Ingresa no Partido Socialista. Remata a
universidade en 1915. Escribe en varios xornais de esquerda.
O 25 de agosto de 1917 Turín álzase espontaneamente contra a guerra e o fame, a represión militar
causa máis de cincuenta mortos e centenares de feridos e a cidade é declarada zona de guerra. Os
dirixentes socialistas son arrestados en masa e a dirección da Sección socialista vén asumida por un
comité de doce persoas, do cal forma parte Gramsci.
Gramsci e outros membros do partido están en contra da dirección reformista e publican unha
revista (A orde nova) claramente obreira: se a democracia burguesa ten o seu punto de apoio
institucional no Parlamento a democracia proletaria asigna aos consellos de fábrica esta posición
democrática necesaria para o nacemento da nova orde.
A resolución da Internacional comunista (con Lenin detrás) que pedía aos partidos socialistas o
afastamento dos reformistas e máis en xeral dos gradualistas (daqueles que pretendían tomala do
poder político pola vía democrática electoral para efectuar as reformas sociais) foi desoída polo
Partido Socialista Italiano. En 1921 os membros socialistas máis á esquerda sepáranse e forman o
Partido Comunista de Italia (PCI): Gramsci forma parte do comité central.
En 1922 Mussolini, antigo militante socialista, marcha con 300.000 camisas negras a Roma e o rei
Vítor Manuel III , en vez de chamar ao exército para que impida o golpe de estado, encárgalle
formar goberno.
En 1922 Gramsci vai a Moscova, designado para representar ao partido italiano no executivo da
Internacional comunista. Chega xa doente e no verán recupérase nun sanatorio para enfermidades
nerviosas de Moscova. Casa en 1923 con Julia Schucht 4, violinista rusa que mora en Roma, coa que
terá dous fillos: Delio (1924) e Juliano (1926).

4 «primeiro día que [...] non me atrevía entrar na túa habitación porque me intimidaras [...] o día que partiches a pé e eu
te acompañei a pé ata a gran rúa ao ancho do bosque e quedeime tanto tempo detido para te ver afastándote soa, coa túa
carga de transeúnte, pola gran rúa, facía o mundo enorme e terrible [...] pensei moito en ti, que entraches na miña vida e
déchesme o amor e iso que sempre me faltou e que me facía malo e opaco.»

8
Fronte á chegada ao poder de Mussolini a Internacional establece que os comunistas italianos se
fundan coa corrente socialista dos internacionalistas e ordenan a constitución dun novo executivo.
En febreiro de 1923 os representantes do novo executivo son arrestados e Gramsci convértese no
máximo dirixente do partido. Marcha a Viena. É electo deputado nas eleccións de 1924 o 6 de abril
e pode volver entrar en Roma, protexido pola inmunidade parlamentaria.
O fascismo triunfa, porque a pequena burguesía logra controlar as masas. Varios deputados
comunistas son asasinados polos fascista. Mussolini recoñece a autoría “intelectual” dos feitos.
Gramsci viaxa a Moscú en 1925, onde coñece o seu fillo Delio. Cun capitalismo débil e a
agricultura como base da economía nacional, en Italia impera o control dos industriais do norte e
dos propietarios terratenentes do sur sobre o proletariado urbano. Segundo Gramsci o fascismo é o
produto político da burguesía urbana e agraria que entregou o poder á alta burguesía. A solución
pasa por lograr a unión do proletariado do norte e os campesiños do mediodía. Cando regresa a
Roma, pasa algúns meses coa familia. A súa esposa, que espera ao segundo fillo Giuliano, deixa
Italia en 1926.
A sociedade meridional, segundo Gramsci, está constituída por tres clases fundamentais unidas nun
bloque:
- xornaleiros e campesiños pobres, politicamente inconscientes;
- pequenos e medios campesiños que non traballan a terra pero son arrendadores das terras, viven
nas cidades como empregados estatais; desprezan e temen ao traballador da terra e fan de
intermediarios entre campesiños pobres e a terceira clase.,
- os grandes terratenentes
Para poder despedazar este bloque necesitaríase da formación dunha clase de intelectuais que
rompan o consenso entre pobres e terratenentes e favorezan a unión entre campesiños pobres e
proletariado urbano.
Após a morte de Lenin critica as loitas internas polo poder no partido bolchevique ruso. En 1926
Mussolini sofre en Bologna un atentado sen consecuencias persoais, que é utilizado como pretexto
para eliminar os últimos residuos de democracia: o goberno disolve os partidos políticos, suprime a
liberdade de prensa, Gramsci é arrestado na súa casa e encerrado no cárcere. Gramsci é acusado de
actividade conspirativa, instigación á guerra civil e incitación ao odio de clase. O fiscal Michele
Isgró declara que «por vinte anos debemos impedir a este cerebro funcionar». Gramsci é condenado
a vinte anos, catro meses e cinco días de reclusión. No cárcere inicia a escritura dos seus Cadernos
do cárcere. En 1934 é acollida por Mussolini a petición de liberdade condicional asinada por
diversos intelectuais internacionais pero non é libre de moverse, en tanto que se lle impide ir curarse
a outro lugar xa que o goberno temía unha fuga. O 21 de abril de 1937 Gramsci adquire a plena

9
liberdade pero está xa gravísimo: morre na alba do 27 de abril, con apenas corenta e seis anos, de
hemorraxia cerebral. Durante a súa época en prisión escrebe os seus Cadernos do cárcere, unhas
3000 páxinas, publicadas entre 1947 e 1949.
Gramsci tiña unha formación humanística moi ampla. A través do filósofo italiano hegeliano
Benedetto Croce familiarizouse coa filosofía europea. Croce criticaba o positivismo, defendía un
realismo idealista e destacaba o papel da vontade humana na configuración da historia. Machiavelo,
Marx e Lenin tamén foron estudados por Gramsci. Durante a súa estadía no cárcere traballou estes
autores e concentrouse na visión do marxismo da cultura e da política.
3. A cultura nos Cadernos do cárcere: a hexemonía.
Antes de Gramsci, Lenin mesmo afirmara xa que o primeiro que ten que facer a clase proletaria é
ter un medio de comunicación para disputar o predominio ideolóxico dos medios de comunicación
burgueses que basicamente invitan a ser submisos e obedientes. Lenin afirma en Dúas tácticas da
socialdemocracia na revolución democrática (1905) que a clase proletaria ten que disputarlle a
hexemonía á clase burguesa. Anteriormente falábase de hexemonía para referirse á dominación dun
estado sobre outro, agora emprégase para referirse a un conflito interno a un estado, a un conflito
social.
Os medios de comunicación (un diario, por exemplo) deberían construír consenso en sentido
contrario5. Na actualidade sería unha radio libre, un sitio de internet, unha canle de televisión. A
disputa polo control político necesita dunha disputa previa polo control do consenso, da cultura e da
ideoloxía6.
Gramsci tamén recupera a noción ampliada, sociolóxica de ideoloxía o Marx de 1859 do Prefacio á
Contribución da crítica da economía política, e emprega ideoloxía como sinónimo de concepción
integral do mundo e da vida.
Gramsci reflexionando sobre a derrota dos traballadores da FIAT contra o dono da Fiat (Anelli)
recupera esa noción de hexemonía. A derrota dos traballadores da Fiat debeuse a que o campesiñado
e o estudando non estaban unidos cos traballadores. E se isto non era así era porque a alta burguesía
logrou convencer ao campesiñado de que os obreiros non compartían ningún interese con eles.
Hexemonía ten algunha diferencia con respecto a cultura. Cultura serían todas as creacións humanas
espirituais e materiais. Gramsci distingue entre a alta cultura das clases superiores, das elites, a

5 Sermos Galiza: http://www.sermosgaliza.gal/; El Diario: http://www.eldiario.es/; O Salto:


https://www.elsaltodiario.com/, Galiza confidencial (http://www.galiciaconfidencial.com/); Praza Pública
(http://praza.gal/).
6 http://www.airon60.com/sociedad/comunicacion/6618-un-grafico-espectacular-para-conocer-quienes-son-los-
duenos-de-los-medios-de-comunicacion-en-espana

10
cultura consagrada, lexitimada, a cultura que se considera cultura, e a cultura como baixa cultura
das clases populares.
No século XVIII e principio do XIX falábase do par civilización/barbarie. A civilización era todo o
que acompañaba á sociedade occidental, certos gustos, modais. O mundo popular era considerado
barbarie: tanto no interior das sociedades capitalistas como sobre todo na periferia de Occidente: os
orientais eran bárbaros. A cultura popular era asociada coa barbarie. A alta cultura era asociada á
civilización. A consecuencia era que o pobre ser humano branco civilizador tiña que ir a conquistar
e civilizar os pobos bárbaros (gustos, comida, vestimenta primitivas). Tratábase dunha
descualificación que permitía a colonización. O problema está en que a cultura é dominada polas
clases dominantes e é empregado nos seus beneficios. A suposta nobreza cultural son en realidade
dominadores de clase que determinan o que é belo e o que interesa. Non existe a beleza abstracta en
si, senón que o concepto de beleza imperante é un concepto froito dunha loita de clases. Cando se
considera que a beleza é Beethoven, mais non unha canción popular, hai un control por parte da
burguesía da cultura.
Gramsci intenta pensar por que a alta cultura é a única aceptada como lexítima, mentres que a
cultura popular non é considerada propiamente cultural. Sería necesario indagar acerca de que
produtos da cultura dominante burguesa hexemónica están en contra dos intereses das clases
populares: produtos culturais degradados, producidos en serie. Habería outra cultura popular
diferente, cuns núcleos de bo sentido popular que poderían servir para construír unha
contrahexemonía. A grande tarefa sería construír unha hexemonía anticapitalista. Trátase do
proxecto estratéxico de construír unha dirección política e moral que disputase os valores da vida
cotiá e neutralizase a influencia da burguesa.
O contexto é entón a derrota da esquerda en Italia, o ascenso do totalitarismo na Unión soviética
despois da Revolución de 1917 e a aparición do modo de produción fordista. Nos Cadernos do
cárcere, Gramsci analiza o papel da política e da cultura para intentar entender como os grupos
sociais gañan e conservan o poder na sociedade. A pregunta central é como unha clase social
subalterna, non representada polas elites, podería tomar o poder e converterse en clase dominante. A
pregunta non é política (como tomar o poder), senón cultural (como poder conseguir a aprobación
das outras clases). Como se pode transformar a cultura popular para crear unha nova cultura e polo
tanto unha nova política?
Gramsci non acepta o determinismo cuasi-mecánico do marxismo ortodoxo que afirma que a base
económica determina a historia. Insiste, polo contrario, no factor ideolóxico e de conciencia de
clase, influenciado por Lenin. Ademais das leis económicas existe unha vontade humana que valora
e decide sobre estas leis. Gramsci non acepta que unha determinada economía condicione unha

11
determinada cultura e unha determinada política. Os cambios económicos son un tipo de cambios
xunto a outros nunha determinada etapa histórica. Partindo dunhas determinadas condicións
históricas é unha praxe humana colectiva a que configura a historia. A filosofía debe contribuír a
iluminar esta praxe para saber como obter unha hexemonía da clase popular.
Con respecto á posibilidade dunha revolución en Italia, Gramsci afirma que a Revolución Rusa
puido triunfar porque non existía unha sociedade civil ríxida detrás do estado: con derrotar ao
estado, estaba o camiño aberto. No Oeste, ao contrario, por detrás do estado hai unha sociedade
civil conservadora, que en caso de que vacile o estado, dálle solidez ela mesma.
A loita polo poder non pode ser só unha loita de posicións políticas, senón que é necesario facer
unha loita pola hexemonía para dominar determinados significados e valores, de maneira que se
produzan transformacións a nivel da sociedade civil. Ex.: democracia non se reduce a votar nas
eleccións, senón a participar de maneira continua nas decisións políticas adoptadas.
O concepto de hexemonía é un concepto central ao seu pensamento. Nos países occidentais
fortemente industrializados existe unha distinción entre estado e sociedade civil que fai que non que
se poida tomar o control simplemente mediante unha guerra de movementos ou partidos políticos.
Neles é necesaria unha guerra de posicións previa para obter primeiro unha hexemonía sobre a
sociedade civil como condición necesaria e previa para poder logo obter o poder sobre o estado. A
hexemonía consiste en controlar a cultura común e exercer así un dominio cultural. O proceso para
obter hexemonía sobre institucións, medios e discursos, máis tamén sobre rituais, costumes e
prácticas, é un proceso lento e difícil que necesita do traballo organizado dun grupo de intelectuais.
O dominio non funciona a base de opresión e represión, senón a base de consenso. Nos países
occidentais, en realidade o estado está formado por unha sociedade política (violencia) e por unha
sociedade civil (hexemonía). Nos réximes parlamentarios hai unha mestura entre represión e
hexemonía, na que a represión non despunta moito sobre a hexemonía, senón que ao contrario é a
hexemonía (opinión pública) a que exerce o papel máis importante.
Unha determinada clase social é capaz de transcender os seus intereses particulares e formular
intereses xerais que serven para toda a sociedade. As clases subalternas vense reflectidas nestes
intereses e recoñécense nese proxecto hexemónico, aceptando mesmo o seu sometemento.
A loita pola hexemonía ten lugar na sociedade civil: organizacións políticas, confederacións
económicas, Igrexa, familia, sistema escolar, universidade, medios de comunicación. A
supraestrutura non é unha ideoloxía monolítica e determinada directamente pola infraestrutura,
senón que é unha rede formada por diferentes aparellos hexemónicos á busca de lograr consenso. O
estado inflúe tamén sobre a sociedade civil. Cando quere levar a cabo unha medida impopular,
emprega os seus recursos para xerar un consenso previo, influíndo na opinión pública. Existe un

12
control estatal na medida en que se agarda que un individuo estea de acordo con certas normas da
sociedade política e non que as critique.
As loitas que se producen na sociedade civil son de dous tipos:
- de clase, cando son entre clases que ocupan unha posición oposta na relacións de produción:
capitalista – proletario.
- democráticas, cando son entre grupos que aspiran á hexemonía e mobilizan entón ao seu favor
persoas doutra clase social. Se unha clase quere ser hexemónica ten que convencer a moitos
individuos que non son da súa clase. As loitas pola independencia serían deste estilo.
Gramsci distingue entre:
- un entendemento filosófico/intelectual. Sistemático, coherente, claro e non contraditorio, capaz
dunha certa distancia. Este entendemento é capaz de desenvolver unha interpretación elaborada e
sistemática do mundo.
- un entendemento común. Malia que todos os seres humanos poden desenvolver un entendemento
filosófico, na vida común os seres humanos viven de maneira irreflexiva e acrítica, pegados ao
mundo. O folklore sería un elemento deste nivel. Este entendemento só é capaz de desenvolver
unha xustaposición de interpretacións do mundo cando non un conglomerado de elementos
procedentes de distintas interpretacións. Malia todo, este entendemento común é capaz de resistir
fronte a calquera ideoloxía dominante que o pretenda colonizar.
O papel do intelectual é criticar a cultura dunha sociedade e contribuír a crear unha nova cultura
máis moral e máis racional. O primeiro paso é describir e inventariar a cultura na que se vive
identificando as causas históricas de que esa cultura sexa como é. Esta tarefa deben facela os
intelectuais orgánicos da clase subalterna, que vive sometida economicamente ao poder e
culturalmente á hexemonía da clase privilexiada. Toda clase social sérvese dalgúns intelectuais
orgánicos que lle dan a esta clase a súa identidade de clase. Os intelectuais son os funcionarios das
superestruturas, da sociedade civil e do estado, actuando como axudantes da clase dominante ao
contribuír ao mantemento da súa hexemonía: conseguen a aprobación por parte dos dominados.
Fronte a estes intelectuais están os da clase subalterna, que queren mudar estas estruturas e queren
construír un mundo ao servizo dos subalternos. Os xenios filosóficos descubrían unha verdade para
unhas elites; os intelectuais orgánicos intentan transformar o mundo de acordo cos intereses dunha
determinada clase.

13

Das könnte Ihnen auch gefallen