Sie sind auf Seite 1von 1

Manifesto da Navegación Tranquila

(Slow Sailing)

1.- O importante non é o barco, senón a túa relación con el e co mar. Tanto dá a
eslora, o prezo ou o equipamento do teu barco. Tanto dá que sexa un bote de remos
ou un gran iate. O importante é que non o consideres un obxecto máis de todos os que
tes, senón un compañeiro de viaxe que che pode proporcionar pracer, experiencias
inesquecibles e un coñecemento do mar e, sobre todo, de ti mesmo.

2.- Pasa tempo a bordo do teu barco, aínda que sexa amarrado en porto. Convérteo
nunha parte do teu espazo vital. Traballa no teu barco, fai algunha tarefa a bordo, de
maneira que algunha parte do barco sexa obra túa, e que algunha parte da túa obra
estea vinculada ao barco. Isto reforzará os lazos entre o teu barco e ti.

3.- Deixa as présas no peirao cando saias a navegar. Sal sen unha hora de regreso,
coma se foses facer unha longa viaxe. Esquécete do reloxo e déixate guiar polo sol.
Se eliminas a velocidade e o tempo da ecuación, só queda o espazo: o mar.

4.- Sal a navegar sen rumbo, sen ter un punto de destino. Simplemente navega,
déixate levar polo vento e o mar. Non penses nin nas millas que fixeches nin nas que
che quedan para chegar. Non vas a ningunha parte. Só navega e goza do momento.

5.- Desconecta a electrónica e navega como se fixo sempre. Aprende a non depender
dos instrumentos. Canto fai que non tomas unha demora ou a altura dun astro? Sitúate
e debuxa o rumbo sobre unha carta de papel. Esquécete dos cataventos: sente o
vento na cara ou na caluga. Aprende a arte de navegar que é o que define aos
navegantes de verdade.

6.- Desconecta o móbil, a radio e o equipo de música. Corta durante un tempo os


lazos que te unen a terra. Silencio! Escoita o rumor do mar: a onda na proa, o latexado
da vela, o alento do vento. ..

7.- Non te aferres á caña ou á roda. Cede o temón a algún tripulante e déixate levar.
Canto tempo hai que non che deitas en cuberta ou sentas na proa cos pés colgando?
Se vas só, amarra o temón, equilibra o barco coas velas e déixate levar. Confía na
tripulación e no teu barco.

8.- Escribe un diario de navegación. Describe con detalle as saídas que fagas e anota
as sensacións que experimentes. Así conservarás as emocións de cada saída e
poderalas revivir moito tempo despois. Comparte estas experiencias e emocións con
outras persoas a través dun blog ou como mellor che pareza.

9.- Fai regatas, se che gustan, pero non pensando no premio, senón porque
regateando aprendes a coñecer mellor o mar, o teu barco e a ti mesmo. Non hai
premio máis estimulante que esta aprendizaxe.

10.- Non abandones ao teu barco, o nunca o faría contigo.

11.- Contempla o mar un intre cada día, enchóupate da súa enerxía e lévaa contigo alí
onde vaias.

Das könnte Ihnen auch gefallen